Saltar navegación. Ir directamente al contenido principal (Tecla de acceso S)

Sección de idiomas

Fin de la sección de idiomas

Change location > Spain

Somos unha compañía líder no sector da distribución de tecnoloxía médico – cirúrxica

Aválannos máis de 25 anos de experiencia e estamos presentes en España, Portugal e Italia. A nosa razón de ser é crear valor para o médico especialista a través de tres eixes:

Tecnoloxía

Os últimos avances, deseños e materiais sempre axudan tanto ao paciente como ao cirurxián. A través do MBA Innovation Cell impulsamos e coordinamos esa cultura innovadora.

Servizo

O que sempre fixemos. O que levamos no sangue. O que nos diferencia doutros. Sempre aí, sempre activos. É o que representa a MBA.

Coñecemento

A nosa firme aposta polo desenvolvemento científico derivou na creación dun órgano independente de canalización do coñecemento científico, o MBA Institute.

Misión

Achegar valor ao profesional da saúde

Gure balioak

Coñecemento. Os nosos máis de 25 anos de experiencia no mercado, unidos ao elevado nivel de cualificación do noso equipo de profesionais, permitíronnos obter un profundo coñecemento do sector sanitario. Medramos e evolucionamos xuntos, marcando un antes e un despois no mercado e, agora, seguimos avanzando consonte as novas esixencias do noso eido de actividade.

Equilibrio. A nosa cultura de traballo está orientada a acadar un negocio estable e equilibrado nun medio no que reine o respecto, a transparencia e a coherencia. Consideramos que só cunhas bases sólidas se pode seguir medrando e para iso traballamos cada día con este convencemento.

Confianza. . A nosa vocación de servizo ao cliente e capacidade de resposta, o valor que achegamos aos profesionais da saúde cos que traballamos, así como a calidade dos produtos que comercializamos, permítennos ser considerados un socio íntegro e de confianza.

A nosa visión ven avalada pola nosa historia

¡HOLA!

1988

Nado en Asturias MBA. Un punto de viraxe na forma de entender o mundo da traumatoloxia e ortopedia.

Novas zonas...

1989

MBA comeza a gañar presenza en España: Madrid, Barcelona, Valencia…

... e novos produtos

1995

Novas solucións e divisións son incorporadas.

BIOSER

1998

O éxito da área da anestesia da orixe o nacemento de BIOSER.

¡OLA!

1999

Comeza a expansión internacional establecéndose en Portugal.

Iberia

2000

Consíguese a total cobertura da Península Ibérica.

CIAO!

2002

A experiencia portuguesa serve de referencia na implantación en Italia.

Liderado

2007

MBA convértese na empresa líder independente do mercado europeo.

Profesional

2008

O xestor de fondos N+1, agora ALANTRA, adquire a mayoría do capital de MBA.

HELLO!

2009

Ábrese delegación en Gran Bretaña.

HALLO!

2010

Acordo con Cormed NV, líder da columna no mercado de Bélxica.

 Créase MBA Institute.

Crecemento

2012

Trasládase a nova sede dos Silos do Intra, sendo honrado este traballo co Premio Nacional da Enxeñería Civil do 2013.

Transformación

2015

Comeza unha nova etapa en MBA con cambios profundos na estratexia, o equipo de xestión ea for  ma de traballar.

Rebranding

2017

Se renueva la marca y nace MBA SURGICAL EMPOWERMENT bajo la que operan MBA y BIOSER.

Aniversario

2018

 Comezan as actividades para celebrar o 30 aniversario da compañía.

Buscando o equilibrio do que nos rodea

Desde MBA esforzámonos por buscar o equilibrio entre o progreso da nosa actividade, o impulso do coidado ambiental e o desenvolvemento social. Sabemos que o obxectivo é ambicioso e por iso dedicamos o noso tempo e enerxías a tres liñas de actuación:

Cátedra MBA de Biomecánica

Unha iniciativa conxunta de MBA e da Universidade de Oviedo co obxectivo de difundir os desenvolvementos máis innovadores no eido do deseño biomecánico e proxectar a investigación neste campo cara a potenciais usuarios.

Acción social MBA

Esta liña de actuación de MBA coordina todos os programas e recursos de acción social que se xeran desde a compañía, como as contribucións con diferentes ONG´s ou contribucións específicas como a realizada ao «Grupo de axuda a Proxectos de Cooperación» da SECOT con proxectos en marcha en Chad, Burundi ou a India.

Política de protección ambiental activa

Que nos levou a conseguir a certificación ISO 14001 por Lloyd´s Register e a instaurar a preocupación pola nosa contorna como unha política de empresa.


Espacio para comunicaciones relevantes a los accionistas de la compañía

Anuncio convocatoria Junta General 27-06-2019, fecha publicación: 07-06-2019 

  • Inicio del contenido