Saltar navegación. Ir directamente al contenido principal (Tecla de acceso S)

Sección de idiomas

Fin de la sección de idiomas

Change location > Spain

Cultura innovadora

MBA Innovation Cell é unha entidade transversal que ten como función promover e xestionar a cultura innovadora dentro de MBA. Xorde como resposta á demanda de innovación que ten o mercado onde MBA desenvolve a súa actividade.

CiSAb

No ano 2010 MBA creou xunto coa Universidade de Oviedo o CiSAb, o Centro de Investigación de Sistemas Avanzados Biomecánicos. O obxectivo deste centro é investigar, analizar e desenvolver as novas tecnoloxías sanitarias.

O ritmo de innovación en torno ao mercado sanitario é vertixinoso e por iso xurdiu a necesidade de crear unha institución que estude e analice toda nova tecnoloxía (materiais, deseños) para entender a súa repercusión real.

Ademais, a través do CiSAb impúlsase a innovación con accións como os premios “Enxeñaría en positivo”. Uns premios cuxa intención é impulsar entre novos enxeñeiros o desenvolvemento de ideas e proxectos en «positivo», que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas.

Innovación na xestión

Como un obxectivo máis amplo e que abrangue calquera dimensión da compañía que sexa susceptible de mellorar a través dun proceso innovador:

  • Reenxeñaría de procedementos.
  • Mellora continua de procesos.
  • Creación de frameworks operativos.
  • Renovación tecnolóxica.

Para iso, apoiámonos noutros colaboradores como a Fundación PRODINTEC, un centro tecnolóxico especializado no deseño e a produción industrial, nun afán de aplicar tecnoloxías e metodoloxías innovadoras tanto aos nosos produtos como aos nosos procesos.

Proxectos de investigación

Actualmente MBA está desenvolvendo os seguintes proxectos:

  • IPT-2012-1029-010000 Proxecto SILCOR.
  • IPT-2012-0681-300000 Proxecto EPINANOSKIN.
  • IDE/2015/000754 Proxecto Posicionamento de implantes aplicada a simulación informática  de intervencións quirúrxicas.
  • IDE/2016/000152 Projeto Micro Texturas Anti Fricção.
  • Novel marine biomolecules against biofilm. Application to medical devices. NoMorFilm.

Proxectos cofinanciados polos seguintes organismos

  • Inicio del contenido