Saltar navegación. Ir directamente al contenido principal (Tecla de acceso S)

Sección de idiomas

Fin de la sección de idiomas

Change location > Spain

A grandes problemas, grandes solucións

Ao longo dos nosos 25 anos de experiencia, fomos curtindo a nosa gama de solucións para a traumatoloxía e a ortopedia. Ano tras ano fomos comprobando resultados, analizando tendencias e probando novos materiais para decidir se eran aptos para os requirimentos dos cirurxiáns e dos pacientes.

Co paso do tempo, todo este proceso converteuse nun ritual dentro de MBA e permitiunos construír unha das carteiras máis completas, seguras e tecnolóxicas de todo o mercado.

  • Rodilla
  • Cadera
  • Hombro
  • Otras articulaciones
  • Tumores y grandes reconstrucciones
  • Biologicos
  • Columna
  • Trauma

Xeonllo

O feito de ter participado en máis de 60.000 cirurxías de xeonllo con cirurxiáns de toda a Península Ibérica permitiunos coñecer as súas necesidades en cada momento e ver con eles a evolución de todos os pacientes. Grazas a esta experiencia, puidemos construír un conxunto de solucións moi completo co equilibrio perfecto entre calidade, innovación e resultados.

En función do tipo de intervención na articulación de xeonllo, a nosa gama de solucións componse de:

Cadril

A artroplastia de cadril é un procedemento cirúrxico maduro e altamente contrastado. Sen embargo non deixan de xurdir novas técnicas e novos materiais que permiten evolucionar esta substitución articular.

A carteira de cadril de MBA combina solucións solventes e contrastadas con materiais do futuro que empezan a crear escola.

En función do tipo de intervención na articulación de cadril, a nosa gama de solucións componse de:

Ombreiro

O feito de ser unha patoloxía altamente incapacitante, xunto coa mellora da tecnoloxía e dos produtos que foron saíndo e tamén con cirurxiáns máis especializados sobre esta articulación, os procesos referentes ao ombreiro disparáronse de forma exponencial no últimos 10 anos.

Desde MBA non só presentamos unha das carteiras máis completas do mercado, senón que achegamos ao cirurxián de ombreiro a seguridade de implantar unha gama de solucións desenvolvida coa axuda de referentes internacionais e avalada con máis de 20 anos de experiencia clínica e numerosos estudos e publicacións.

En función do tipo de intervención na articulación de ombreiro, a nosa gama de solucións componse de:

Outras articulacións

Porque os pacientes tamén reclaman un remedio contra as dores ou os problemas de mobilidade que teñen no cóbado, na man, no pulso ou no tornecelo. Porque non sempre é doado atopar unha boa solución para as patoloxías destas articulacións.

Por todo isto, e co obxectivo de dar servizo, MBA pon ao dispor do cirurxián de ortopedia e traumatoloxía unha gama competitiva e complementaria para cubrir os principais problemas articulares de:

Tumores e grandes reconstrucións

O tratamento de defectos óseos importantes en casos de grandes reconstrucións e en casos de oncoloxía ortopédica está dominado por técnicas cirúrxicas cuxo obxectivo fundamental é preservar as extremidades afectadas.

MBA ofrece unha gama completa de solucións protésicas para este tipo de casos tanto en extremidade superior como en extremidade inferior, abranguendo solucións modulares, a medida (custom made) ou de recubrimentos especiais.

Biolóxicos

Referímonos a aqueles produtos ou sistemas resultados dun proceso biolóxico ou bioquímico que favorecen a reparación, a substitución ou a rexeneración de estruturas músculo-esqueléticas.

En MBA cremos que o futuro ven da man destas innovacións. Por iso nos gusta estar moi atentos a todas as novidades que poden xurdir neste eido para incorporalas á nosa carteira.

Actualmente dentro deste tipo de produtos MBA dispón de:

Columna

MBA ofrece unha gama completa de solucións para a columna para satisfacer as necesidades tanto dos pacientes como do equipo cirúrxico. Deste xeito, disponse de sistemas tradicionais así como de opcións innovadoras que permiten ao cirurxián seleccionar á súa discreción o tratamento máis adecuado a cada paciente, amosando unha variedade de implantes, dispositivos e instrumentais para a rexión cervical, toracolumbar e sacra que se adaptan ás preferencias máis esixentes.

Desde o punto de vista dos materiais, MBA aposta día a día pola innovación propoñendo un abano de opcións que van desde os máis tradicionais como o titanio, cromo, cobalto ou aceiro, pasando polos materiais sintéticos como o peek ou os máis revolucionarios materiais de matriz polimérica e cun recubrimento metálico.

En canto ás posibilidades das alternativas, cóntase con sistemas de tratamento conservador, sistemas que axudan a preservar a mobilidade do conxunto, solucións para os tratamentos de deformidades tanto en adolescentes como en adultos, instrumentais para procedementos percutáneos e minimamente invasivos ou sistemas de abordaxes anteriores e posteriores, en definitiva unha solución específica para cada necesidade.

Trauma

A gama de produtos de traumatoloxía de MBA ofrece unha gran variedade de solucións innovadoras e minimamente invasivas dirixidas a axudar a mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Todos os nosos produtos foron coidadosamente deseñados co principal obxectivo de mellorar o estado dos ósos e articulacións dos pacientes de calquera idade, axudándoos a recuperar a mobilidade e, por lo tanto, a recuperar un estilo de vida máis activo similar ao que tiñan anteriormente ao episodio.

A gama de produtos actual ofrece solucións completas para os tratamentos por medio de sistemas de fixación interna e de fixación externa.

  • Inicio del contenido